As froiteiras do castelo

Coidando o cultivo tradicional mantemos a historia viva

Desde 1982, cando a Deputación de Pontevedra adquiriu a propiedade, encargouse de conservar e ampliar o parque, e de recuperar especies autóctonas. Así, plantouse un viñedo e creouse un bosque en zonas que anteriormente estaban ocupadas por eucaliptos.

Grazas a isto, conseguiuse salvagardar o noso patrimonio agroforestal, e recuperar un legado que forma parte non só da nosa paisaxe, senón tamén da nosa historia e gastronomía.

Con este mesmo espírito iniciouse un ambicioso proxecto: crear un banco de xermoplasma con variedades de froiteiras locais co obxectivo de manter a nosa agrodiversidade, prexudicada, entre outros motivos, pola introdución de cultivos máis homoxéneos e económicos.

Mariposa en el manzano
Cuidando el cultivo tradicional mantenemos la historia viva

Coñece o sabor, a cultura e a historia da nosa provincia a través das froiteiras do castelo

A froita, especialmente a de pebida, sempre estivo presente nas nosas zonas agrícolas. Estas árbores ofrécennos alimentos de gran calidade nutritiva e cun aroma, cor e sabor auténticos.

O banco de xermoplasma conserva 77 variedades de maceiras, 19 de pereiras e tamén unha pequena colección de ameixeiras. Con esta plantación protexemos os nosos recursos naturais e xenéticos, impedimos a súa desaparición e coidamos dun legado que debemos deixarlles ás nosas futuras xeracións.

Estas variedades autóctonas consérvanse grazas a un duro traballo

A colección de froiteiras iniciouse na Estación Fitopatolóxica Areeiro en febreiro de 1984. Para recuperar e seleccionar as variedades e patróns desde esta entidade levouse cabo un importante labor de investigación de campo e no laboratorio. Visitáronse numerosas localidades e leiras da provincia e logrouse recompilar unha relevante colección de recursos fitoxenéticos.

Entre 1984 e 1986 realizáronse enxertos e as árbores plantáronse no castelo de Soutomaior en xaneiro de 1987. Cada clase comprende tres exemplares idénticos situados a unha distancia de 4 metros para evitar a propagación de enfermidades e plantacións moi densas que poidan provocar unha diminución da calidade.

Ademais, creouse un catálogo con debuxos, fotografías e estudos varietais. Así, estableceuse un banco de xermoplasma in situ único na nosa provincia. O traballo ambiental levado a cabo pola Deputación de Pontevedra, con actuacións regulares de conservación, reposición de enxertos, poda e recolección, mantense na actualidade.

O pomar do castelo, gardián da nosa agrodiversidade

Para conservar a diversidade agrícola é necesario protexer o medio rural e a vida natural relacionada cos cultivos.

O pomar non é un sistema illado, senón que vive en simbiose coa natureza que o rodea. As froiteiras serven de alimento e refuxio para moitos animais e estes, á súa vez, actúan como polinizadores e controladores de pragas.

O que proba, unha vez máis, que a leira do castelo de Soutomaior é o lugar ideal para gozar do patrimonio e conectar coa natureza.

Complicada situación de muchas variedades autóctonas e importancia del trabajo previo
Cuidando el cultivo tradicional mantenemos la historia viva