VISITAS TEATRALIZADAS
A Deputación de Pontevedra, coa produción de EscénaTe, presenta As voces de Soutomaior, unha visita teatralizada ao castelo de Soutomaior que convida o público a percorrer os seus espazos a través das distintas épocas e personaxes que deixaron pegada na súa historia. Pedro Madruga e a memoria da revolta Irmandiña, o marqués de la Vega de Armijo e o ambiente social e político do século xix, e María Vinyals permiten descubrir a transformación do castelo en residencia, lugar de cultura e espazo aberto a novas ideas. Con humor, interacción coas e cos visitantes, elementos de lenda e momentos de emoción, As voces de Soutomaior converte murallas, salóns e xardíns nun escenario vivo e presente.
- 11, 17, 18, 24, 25 e 31 de outubro e 1 de novembro: ás 12h. e ás 16:30h.
- Aforo: 20 persoas
- Prezo: 8€/persoa
- Venda de entradas: Entradas Castelo de Soutomaior – Venta Oficial Online