Árbores senlleiras

O castelo de Soutomaior está situado nun lugar privilexiado do val do río Verdugo, desde o que se divisa unha ampla paisaxe.

A leira comprende actualmente 25 hectáreas, destinándose a xardín os terreos máis próximos que rodean o castelo.

A orixe do parque e dos xardíns vén dos marqueses da Vega de Armijo e de Mos cara a 1870. Considérase o xardín botánico máis importante de Galicia.

Entre as súas árbores algunhas son singulares cun grande valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental e supoñen un legado que se mantén no tempo.

ARAUCARIA ARAUCANA

A plantación desta araucaria correspóndese coa execución do proxecto de xardinaxe en 1870, época dos marqueses da Vega de Armijo. Considérase o xardín botánico máis importante de Galicia.

A araucaria atópase en pleno centro do antigo parque botánico, a medio camiño entre o estanque e a fonte da marquesa.

Este exemplar está citado por Rafael Areses no seu libro Nuestros parques y jardines (1953) e posteriormente, como exemplar senlleiro, no libro Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

Descrición técnica

CAMECÍPARIS DE LAWSON do castelo de Soutomaior

A plantación deste ciprés correspóndese coa execución do proxecto de axardinamento practicado con motivo da transformación do castelo en pazo a partir do ano 1870, durante a remodelación do castelo e a súa contorna na época do marqués da Vega de Armijo. Desde entón e ata hoxe, na súa condición centenaria, a árbore converteuse nun espécime sensacional, de orixinal e sorprendente feitura, e pasou a ser un dos representantes da súa especie máis grandiosos de Galicia. O seu valor só se ve minguado polo manifesto grao de deterioro que presenta.

O camecíparis ou ciprés de Lawson aparece no xardín antigo, na zona alta do parque, en posición centrada, próximo a outros monumentos arbóreos da propiedade como a sequoia. Está situado á dereita, cara á metade do camiño que conduce desde a residencia á fonte da marquesa.

Descrición técnica

CRIPTOMERIA do parque botánico de Soutomaior

A plantación desta criptomeria correspóndese coa execución do proxecto de axardinamento practicado con motivo da transformación do castelo en pazo a partir do ano 1870, durante a remodelación do castelo e a súa contorna na época do marqués da Vega de Armijo. Desde entón e ata hoxe, na súa condición centenaria, a árbore converteuse nun espécime sensacional, de orixinal e sorprendente feitura, e pasou a ser un dos representantes da súa especie máis grandiosos de Galicia. O seu valor só se ve minguado polo manifesto grao de deterioro que presenta.

Esta árbore está citada como exemplar singular no libro Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

Descripción técnica

SEQUOIA VERMELLA do castelo de Soutomaior

É a sequoia vermella de maiores medidas de Galicia e trátase dun exemplar coetáneo do momento fundacional do parque (1870). Ten ao seu favor para a catalogación monumental a súa antigüidade, dendrometría, conservación e marco señorial, aínda que o escaso campo visual impide a correcta contemplación da súa arquitectura.

Entorno

A sequoia localízase na parte alta do parque en posición excéntrica, cerca da praciña da fonte.

Descrición técnica