Sendas

Para coñecer en profundidade este fermoso e histórico castelo e o seu entorno que, con 25 hectáreas, está considerado o xardín botánico máis importante de Galicia, hai tres opcións. Convertidos en rutas, estes tres itinerarios descorren polo seu xardín de camelias, polos viñedos ou polo bosque que o arrodea. Imos descubrilos un a un:

  • As camelias. A flor de Oriente que inunda de cor a paisaxe é a protagonista indiscutible do xardín. Xunto a castiñeiros de máis de 800 años de antigüidade, as árbores de camelias atópanse por ducias. Hainos de ata 25 variedades distintas, de diferentes cores, tamaños e formas, que nos acompañan dende a propia escalinata de acceso ao parque. Ao iniciar de novo o camiño cara ó castelo, albíscanse os seus exemplares centenarios que, no seu día, tiveron o privilexio de ser as primeiras plantas de camelia de Galicia. A súa experiencia engade atractivo a un xardín enmarcado na Ruta da Camelia e recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional dende 2012. E, en materia de experiencia, hai unha clara vencedora: a Camellia japonica do século XIX, a máis lonxeva de todo o parque. En total, máis de 200 camelias arrolan ao camiñante, que tras deixar atrás unha entrada bordeada de camelias descobre, entre distintos tons, reticulatas ou longicarpas.
  • Os viñedos. O caldo da vide é parte importante da idiosincrasia das Rías Baixas e, neste caso, a zona de Soutomaior é recoñecida pola alta calidade dos seus albariños. Ao introducirse nos viñedos do castelo, descóbrense espazos moi distintos: un central, que amosa unha planificación case propia dun xardín, e outro máis escarpado, ao fondo da propiedade.
  • O bosque. O solo menos fértil e pouco profundo convertido en alfombra natural: así é o terreo forestal de Soutomaior. Extenso e montañoso no seu inicio, este itinerario mestura camelias e especies forestais de tal maneira que do xardín ao bosque o tránsito é moi suave. A capela de San Caetano, un pequeno arroio e fermosas vistas acompañan ao camiñante, que recibe a sombra e o acubillo de todo tipo de especies: arbustos ornamentais, castiñeiros, carballos, piñeiros, eucaliptos, liquidámbares, érbedos ou loureiros rivalizan entre si, e todos parecen gañar.

Sendas (pdf)

fotoTurismo Rias Baixas