Exposicións temporais

Exposición A moda en detalles: indumentaria e complementos 1870-1925

Mostra de camisas, corpos, xoias, tecidos, abelorios, abanos e outras pezas de moda feminina do período comprendido entre 1870 e 1925. Os fondos proceden do Museo de Pontevedra e pertencían a familias da burguesía coma Domerq, García Solís ou as irmás Mendoza. Moitas delas están inspiradas nas tendencias parisienses do seu tempo.

Castelo de Soutomaior

Do 20 de decembro ao 10 de marzo

Horario: de martes a venres, de 10 a 19 h; sábados, domingos e festivos, de 10 a 18 h