![banner home](/documents/355674/9623356/cabecera_otono_camelia.jpg/898fd7df-12af-4e44-982c-cc977dec9a24?t=1634899227456)
“Diversidade de cores rodéante, sempre vivos e cambiantes.”
OUTONO NO CASTELOEntre nubes e claros loce o noso castelo no outono.
![banner home](/documents/355674/9623356/cabecera_otono.jpg/99d6b145-a0b7-4ea1-9ada-44c110f02daa?t=1634894669548)
"O aroma da terra húmida cuberta de follas recíbenos e acompáñanos no noso paseo pola leira. ”
Apréciase o cambio cromático nas árbores caducifolias, nas que o seu verde habitual se tingue de tons dourados e avermellados antes de que caian as súas follas. As camelias de floración temperá anuncian o espectáculo de cor que está por chegar.
O sotobosque sorprende pola súa gran diversidade, no que especies autóctonas forman unha alfombra de distintas cores e formas. Ao alzar a vista, o espectáculo continúa. Ao longo dos anos as e os propietarios do castelo esforzáronse por embelecer o contorno e, para iso, trouxeron especies procedentes de diferentes partes do mundo. Estes exemplares adaptáronse á nosa terra e conviven con especies silvestres e autóctonas.
![banner home](/documents/355674/9623356/molino.jpg/716a21e0-35c9-4199-b5c0-c6c255e36bd0?t=1634896876067)
Muíño das Afreitas
“Onde a auga move o noso patrimonio.”Dous regatos enriquecen a paisaxe: Porta Cadeira e As Afreitas, que alimenta o noso recentemente restaurado muíño, un patrimonio etnográfico reflexo dun pasado próximo.
Baixo a sombra dos castiñeiros discorre a senda do bosque, un percorrido de pouco máis de 2 km fácil de transitar e perfecto para percorrer en familia. O outono é a súa mellor época, xa que é cando estas árbores dan o seu froito.
A castaña estivo moi presente na leira do castelo desde a súa orixe. De feito, o nome de "Soutomaior” fálanos do gran bosque de castiñeiros que rodeaba o castelo xa nas súas primeiras épocas.
Recentemente, recuperaron o seu lugar grazas á repoboación realizada pola Deputación de Pontevedra, cuxo persoal se esmera no coidado e na divulgación dos seus singulares valores.
"O seu froito volve alimentar o noso bosque."
A importancia de conservar o bosque autóctono é innegable. Este espazo é un pequeno oasis de comida e refuxio para numerosas especies que decidiron asentarse neste lugar e tamén para outras que nos visitan de forma ocasional.
Nesta época do ano moitas aves estivais xa se foron mentres que outras se despiden ata o próximo ano.
![banner home](/documents/355674/9623356/cabecera_castillo_otono.jpg)