Visitas teatralizadas e caracterizadas
Visitas caracterizadas a cargo de Aguias
Argumento: o interese paisaxístico de Soutomaior e a súa evolución a través do tempo contado por tres personaxes relacionadas coa historia propia do castelo. María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria farán un percorrido polo parque botánico que rodea a fortaleza, contarán as súas vivencias, anécdotas e algún que outro segredo acaecido neses xardíns. As árbores senlleiras, o xardín francés, as sequoias e os viñedos formarán parte deste escenario testemuña de parte da historia de Galicia.
Personaxes: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria
Duración: 60 minutos
Prezo: 8 €
Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com
Público ao que vai dirixido: adulto
Datas e horarios:
- Máis información próximamente
Visitas teatralizadas a cargo de Troula
Título: Irma e Diña
Argumento: a través dunha das personaxes máis significativas da historia do castelo de Soutomaior, Pedro Madruga, coñeceremos os contos e peripecias que fixeron del unha das figuras máis relevantes do século XV en Galicia, sempre desde un punto de vista familiar e moi participativo.
Ademais contaremos coa participación de Paio Gomes, leal acompañante, que co seu laúde musicalizará as andanzas de Pedro con coplas versadas que lle achegarán as súas aventuras ao público dunha forma divertida.
Paio Gomes, a través de viaxes temporais, musicalizará tamén as historias doutras figuras fundamentais no castelo noutras épocas coma María Vinyals.
Como contrapunto a esta historia aparecerán dúas personaxes, as labregas Irma e Diña, que contarán a historia do pobo, os costumes e as formas de vida das galegas de a pé no século XV, e participarán nunha delirante aventura xunto a Pedro e Paio na busca da verdade e o descubrimento da historia.
Deste xeito, ambas as partes darán a coñecer a historia do castelo desde dous puntos de vista diferenciados, sempre dunha forma dinámica, educativa, participativa e familiar, para amosar a importancia das mulleres labregas na época medieval como grandes esquecidas da historia.
Personaxes:
- Irma e Diña, as labregas
- Pedro Madruga
- Paio Gomes
Duración: 60 minutos
Prezo: 8 €
Reserva e venda de entradas: castelodesoutomaior.com
Público ao que vai dirixido: familiar
Datas e horarios:
- Máis información próximamente